CAPÍTULO
IV: RÉXIME
ECONÓMICO
Artigo
36º.- A Asociación no
momento de inicia-las súas actividades dispón dun patrimonio de
vintecatro mil euros. O peche do exercicio económico coincidirá
co do ano natural.
Artigo
37º.- A Asociación
funcionará en réxime de presuposto anual. O borrador de
presuposto será elaborado polo Tesoureiro da Asociación, que
deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin
de que poda ser aprobado na Asamblea Xeral ordinaria.
Artigo
38º.- A Asociación
manterase dos seguintes recursos:
1.
As cuotas periódicas
dos/as asociados/as.
2.
As cuotas extraordinarias
que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asamblea.
3.
As doazóns ou subvencións
que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou
particulares.
4.
Os ingresos que se poidan
recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
5.
Calquera
outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades
non lucrativas.
Artigo
39º.- As cuotas
ordinarias acórdanse pola Asamblea Xeral ordinaria, a proposta
da Xunta Directiva non sendo reintegrables en caso algún e
adicándose a atende-Ias necesidades da Asociación.
Artigo
40º.- Anualmente con
referencia ó último día do exercicio económico de cada ano,
elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que
será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo
non inferior a 15 días ó sinalado para a celebracion da Asamblea
Xeral ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.
Artigo
41º.- Anualmente no
tempo que establece o artigo 25 será aprobado o orzamento pola
Asamblea Xeral ordinaria.
Artigo
42º.- Para a disposición
de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña
depositados os mesmos, terán recoñecidas as sinaturas na
entidade bancaria correspondente o Presidente e o Tesoureiro,
para a utilización conxunta deles.
Artigo
43º.- Como entidade sen
ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuidos entre
os/as asociados/as os recursos obtidos pola Asociación. |