asociacion
estatutos
publicacions
enlaces
contacto

INDICE POR CAPÍTULOS

 

CAPÍTULO I:
    DA ASOCIACIÓN EN XERAL
CAPÍTULO II:
    DOS SOCIOS
CAPÍTULO III:
    DOS ÓRGANOS DA ASOCIAC.
CAPÍTULO IV:
    RÉXIME ECONÓMICO
CAPÍTULO V:
    DO REGULAMENTO DE RÉXIME
    INTERNO

CAPÍTULO VI:
    MODIFICACIÓN DE ESTATUTO
    E DISOLUCIÓN DA ASOCIAC.

 

 

descargar estatutos

 

 

 

 

 

 




 

 

CAPÍTULO I: DA ASOCIACIÓN EN XERAL

 

Artigo 1º.-

1º.- Procédese a adapta-los Estatutos da Asociación denominada ASOCIACIACION CULTURAL "AMIGOS DA CAPELA DE NOSA SEÑORA DE ARXÁN", con n°. no Rexistro Provincial de Asociacións sen ánimo de lucro 4.981 e C.I.F. G15707912.

 

2°.- A Asociación rexerase polos presentes Estatutos, pola lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociacións e pola demais lexislación existente en materia de Asociacións que lle sexa aplicable.

 

Artigo 2º.- Son fins principais da Asociación:

                a.- Potenciar a investigación do pasado histórico local.

                b.- Divulgar acontecementos e datos documentados do propio ámbito

                c.- Concienciar e educar na estima e valoración do pasado da aldea       

                d.- Recuperar a Casa dos Capeláns para fins socio-culturais.

 

Artigo 3º.- Para levar a cabo os seus fins, poderá a Asociación organiza-las seguintes actividades:

a.- Realización de Semanas Culturais en relación a temas do pasado da zona.

b.- Celebración dun encontro de descendentes das víctimas napo1eónicas de 1809.

c.- Elaboración de páxinas informativas sobre temas históricos ou etnográficos.

d.- Recuperación da Casa dos Capeláns para biblioteca e local de exposicións.

 

Como Asociación sen ánimo de lucro destinaras e ós devanditos fins polo menos o setenta por cento das rendas netas e outros ingresos que se obteñan por calqueira concepto, exceptuandose as aportacións efectuadas en concepto de dotación patrimonial. Os asociados e familiares non serán os principais destinatarios das actividades realizadas pola Asociación.

 

Artigo 4º.- O domicilio principal e permanente da Asociación radicará na localidade de O Vilar - S. Cristovo de Mesía, Concello de Mesía, R/ Torre, n° 3. C.P. 15685, Teléfono 981-199865.

 

Poderánse utilizar outros locais asociativos adicionais noutras cidades, mediante acordo da Xunta Directiva. Para os efectos de comunicacións e notificacións sinálanse como preferentes as seguintes direccións:

 

Domicilio: A Igrexa, n° 12. Localidade:Visantoña, Concello de Mesía. C.P.15685.

Teléfonos: 981 694 164      619 772 208.

Correo electrónico: guacam@terra.es

 

Artigo 5º.- A Asociación en función dos seus fins e ubicación do sen domicilio social, ejercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial local e comarcal.

 

Artigo 6º.-

  1. A duración desta Asociación é de carácter indefinido e só se disolverá, conforme a estes Estatutos pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.

  2. A Asociación segundo os principios democráticos contídos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.

ANTERIOR   |   SEGUINTE

esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia

diseñado por IDE Informática, S.L.