asociacion
estatutos
publicacions
enlaces
contacto

INDICE POR CAPÍTULOS

 

CAPÍTULO I:
    DA ASOCIACIÓN EN XERAL
CAPÍTULO II:
    DOS SOCIOS
CAPÍTULO III:
    DOS ÓRGANOS DA ASOCIAC.
CAPÍTULO IV:
    RÉXIME ECONÓMICO
CAPÍTULO V:
    DO REGULAMENTO DE RÉXIME
    INTERNO

CAPÍTULO VI:
    MODIFICACIÓN DE ESTATUTO
    E DISOLUCIÓN DA ASOCIAC.

 

 

descargar estatutos

 

 

 

 

 

 




 

 

CAPÍTULO II: DOS SOCIOS

 

Artigo 7º.- Poderán ser integrantes da Asociación todas aquelas persoas físicas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar ou tralo acordo do órgano competente da persoa xurídica, que reúnan os seguintes requisitos:

 

            a. Que se respete o principio de igualdade dos socios sen discriminacións

            b. Que se acepte o dereito e liberdade á nosa propia lingoa e cultura.

            c. Que se asuma e respete a peculiariedade da cultura rural

 

Artigo 8º.- Dentro da Asociación poderán existi-Ias seguintes clases de asociados:

           
                a) Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a Acta Fundacional.

b) Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.

c) Honorarios, aque1as persoas que, a xuizo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fms da asociación.

d) Infantís, aque1as persoas menores de 18 anos que participen na Asociación, que  estarán integradas na sección infantil, no seu caso

 

Artigo 9º.- Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:

 

1.       Tomar parte nas Asambleas con voz e voto.

2.       Poder elexir e ser e1exídos para cargos directivos.

3.       Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos eus fins.

4.       Disfrutar de tódalas vantaxes e beneficios que a Asociación poda obter.

5.       Ter copia destes Estatutos.

6.       Ser informados sobre a composición da Xunta Directiva.

7.       Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación.

8.       Facer suxerencias ós membros da Xunta Directiva en orde a mellora-Io cumprimento dos
   fins da Asociación.

9.       Que se lle poña de manifesto o estado de contas e ingresos e gastos da Asociación tódolos
  anos, así como o desenvolvemento da súa actividade.

 

Artigo 10º.- Son obrigas dos asociados e asociadas:

 

1.       Prestar cantos servicios determinen os Estatutos, o Regulamento de Réxime Interno e os
  acordos das Asambleas Xerais.

2.       Desempeña-los cargos para os que foron elexidos.

3.       Asistir ás Asambleas Xerais.

4.       Satisface-las cuotas que se establezan

5.       Observar unha boa conducta individual e cívica

6.       Cumpri-los acordos da Asamblea Xeral e o contido dos Estatutos

 

Artigo 11º.- Os asociados e asociadas honorarios e infantís non intervirán na dirección da Asociación nin nos órganos de representación da mesma, pero están facultados para asistir ás Asambleas Xerais con voz, pero sen voto.

 

Artigo 12º.- Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición escrita da persoa que desexa ser admitida. No caso de menores de idade e persoas que actúen a través de representante, a solicitude deberá ser autorizada polo representante, pai ou tutor do solicitante e se acompañará unha acreditación da identidade do solicitante.

 

Artigo 13º.- A condición de asociado pérdese:

1.       Por vontade propia.

2.       Por falta de pago nas cuotas.

3.       Por realización de accións que perxudiquen gravemente os intereses da Asociación.

4.       Por expediente disciplinario.

 

Artigo 14º.- A expulsión de asociados e asociadas será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia do interesado/a. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asamblea Xeral extraordinaria e contra a súa resolución poderase recurrir ante a xurisdicción ordinaria.

 

Cando a baixa se produza por vontade dun/dunha asociado/a, éste/a deberá realizar unha petición escrita e procederá ó aboamento previo de tódalas cuotas que teña pendentes.

 

Artigo 15º.- Os asociados/as poderán pedir a separación temporal por escrito.

 

A Xunta Directiva poderá acorda-la separación temporal dun asociado cando se esté tramitando un expediente sancionador, ou concurran causas xustificadas que o aconsellen, tales como o retraso no pago dalgunha cuota, ou comportamentos que afecten a boa marcha dalgún dos fins da Asociación. O expediente sancionador recollerase no Regulamento de réxime interno, pero en todo caso a Resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria.

ANTERIOR   |   SEGUINTE

esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia

diseñado por IDE Informática, S.L.