asociacion
estatutos
publicacions
enlaces
contacto

INDICE POR CAPÍTULOS

 

CAPÍTULO I:
    DA ASOCIACIÓN EN XERAL
CAPÍTULO II:
    DOS SOCIOS
CAPÍTULO III:
    DOS ÓRGANOS DA ASOCIAC.
CAPÍTULO IV:
    RÉXIME ECONÓMICO
CAPÍTULO V:
    DO REGULAMENTO DE RÉXIME
    INTERNO

CAPÍTULO VI:
    MODIFICACIÓN DE ESTATUTO
    E DISOLUCIÓN DA ASOCIAC.

 

 

descargar estatutos

 

 

 

 

 

 




 

 

CAPÍTULO III: DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN

 

Artigo 16º.- A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asamblea Xeral.

 

Artigo 17º.- O Presidente da Asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asamblea Xeral, presidindo as sesións que celebre unha e outra.

 

O Presidente será designado pola Asamblea Xeral entre socios que teñan polo menos 1 ano de antigüedade e o seu mandato durará 4 anos.

 

Artigo 18º.- A Xunta Directiva estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e tres vocais, cargos que deberán recaer en socios/as que leven polo menos un ano na Asociación.

 

Artigo 19º.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuitos, sen perxuizo do dereito a ser reeembolsados dos gastos debidamente xustificados, e deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade por sí mesmos ou por persoa interposta.

 

Elixiranse pola Asemblea Xeral os cargos e durarán un período de 4 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefmidamente.

 

Os cargos cesarán na súa función por pasamento, renuncia voluntaria, e por transcurso do prazo para o que foron elexidos. A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cese automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor ou ben esperar ata que a Xunta Directiva nomee temporalmente a un sustituto si se trata de renuncia voluntaria.

 

Artigo 20º.- É función da Xunta Directiva programar e dirixi-las actividades asociativas e levar a xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da Asamblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.

 

Así mesmo procederá a convocar e fixa-la data da Asamblea Xeral, fixa-las cuotas ordinarias e extraordinarias que se aproben, designa-las Comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da Asociación, dictar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asamblea Xeral. Corresponderalle tamén todas aquelas outras actividades que lle sexan transferidas pola Asamblea.

 

Artigo 21º.- A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o Presidente ou o Vicepresidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes. Será presidida polo Presidente e, na súa ausencia, polo Vicepresidente ou o Secretario, por este orde, e, a falta de ambos, polo membro da Xunta que teña máis idade.

 

Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, de seis dos seus membros. No caso de empate decidirá o voto do Presidente.

 

O Secretario ou, no seu defecto, o Vicepresidente levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.

 

Artigo 22º.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que á propia Xunta acorde constituir, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de recabar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte, ademais, das ditas comisións o número de vocais que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.

 

Cando as necesidades o aconsellen, a Xunta Directiva poderá acordar que as comisións se desdoblen en subcomisións.

 

Artigo 23º.- A Asamblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O Presidente e o Secretario da Asemblea serán os mesmos que os da Xunta Directiva.

 

Artigo 24º.- A Asamblea reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez o ano, e con caracter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizaras e por medio de escrito dirixido ó Presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.

 

Artigo 25º.- A Asamblea Xeral reunirase necesariamente dentro dos seis primeiros meses de cada ano. Tanto a Asamblea ordinaria como a extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a Presidente/a da Xunta Directiva.

 

A notificación farase nos locais da Asociación para as Asambleas ordinarias e no domicilio dos asociados para as Asambleas extraordinarias.

 

Artigo 26º.- Serán competencias da Asamblea Xeral ordinaria:

1.   Aproba-la acta de reunión anterior.

2.   Aproba-Io plan de actividades.

3.   Examinar e aproba-Ia memoria de actividades.

4.   Examinar e aproba-Ias contas e balances do exercicio anterior.

5.   Aproba-Ios presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.

6.   Exame e aprobación das contas.

 

Artigo 27º.- Serán competencias da Asamblea Xeral extraordinaria:

 

1.   Modifica-los Estatutos da Asociación.

2.   Elixi-Ios integrantes da Xunta Directiva.

3.   Aproba-Ia federación con outras Asociacións.

4.   Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.

5.   Acorda-Ia disolución da Asociación.

6.   Designa-los/as liquidadores/as.

7.   Ratifica-la expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva

8.   Solicita-la declaración de utilidade pública da Asociación.

9.   Aproba-Io regulamento de réxime interno da Asociación.

10. As que sendo de competencia da Asamblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan espera-la súa convocatoria, sen grave perxuizo para a Asociación.

11.  Tódalas non conferidas expresamente á Asamblea Xeral ordinaria ou á Xunta Directiva.

 

Artigo 28º.- Para que as Asambleas poidan tomar acordos, integraranse polos/as asociados/as asistentes, sempre que concurran a metade máis un do total na primeira convocatoria ou transcorrida media ahora en segunda convocatoria, con calquera numero de asistentes.

 

Artigo 29º.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados 1 e 7 do artigo 27, que requirirán maioría de dous tercios. A continuación levaranse os acordos ó libro de Actas e asinará o/a Presidente/a e o/a Secretario/a da Asamblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asamblea Xeral e aprobada por maioría.

 

Artigo 30º.- Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores abrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/as non asistentes.

            As sesións abrirán cando así o determine o Presidente. Seguidamente procederase por parte do Secretario á lectura da acta da Asamblea anterior que deberá ser aprobada.

            Posteriormente o Secretario procederá a plantexa-la orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose á aprobación nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a materia de que se trate.

            Unha vez rematados tódolos asuntos da orde do día procederase, se a presidencia o considera oportuno ou o solicitan un 10% dos asociados inscritos no libro de membros, a facer un turno de rogos e preguntas e adopción de acordos, o que conc1uído, se levantará a sesión por parte do Presidente.

 

Artigo 31º.- Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recurridos en reposición perante a Asamblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recurrir perante a xurisdicción ordinaria.

 

Artigo 32°.- O Presidente da Xunta Directiva terá, ademais das facultades consignadas no artigo 17°, as seguintes atribucións:

 

a)  Presidir e levanta-las sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asamblea Xeral, dirixi-las deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en caso de empate.

b)   Propoñe-lo plan de actividades da Asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas.

c)     Ordea-los pagamentos acordados válidamente.

d)     Representa-la Asociación perante calquera organismo público ou privado.

e)   Firma-las actas, certificados, pagos e outros documentos da Asociación xunto co Secretario ou membro da Xunta Directiva a quén lle corresponda a elaboración do documento do que se trate.

 

O Presidente será asistido na súas funcións por un Vicepresidente, que ademais o sustituirá nos casos de vacante ausencia ou enfirmidade

 

Artigo 33º.- O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu carago a dirección dos traballos administrativos da Entidade. Correspóndelle así mesmo notifica-las convocatorias e custodia-las actas e expedir certificacións das mesmas co visto e prace do Presidente.

 

Ó Secretario correspódelle tamén levar o inventario dos bens da asociación nun libro establecido ó efecto.

 

Artigo 34º.- O Tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o Presidente, dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, participando en tódalas operacións de orde económica.

            O Tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio presupostario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da Asociación nos quince días anteriores á celebración da Asamblea ordinaria.

 

Artigo 35º.- Os vocais no número que determine a Asamblea Xeral terán as seguintes atribucións:

 

1.   Realizar pro gramas e propostas na súa área de actuación.

2.   Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.

ANTERIOR   |   SEGUINTE

esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia

diseñado por IDE Informática, S.L.